A OFICINA TÉCNICA DA SECA DECIDE MANTER A PREALERTA NA TOTALIDADE DA CONCA GALICIA- COSTA ATA ACADAR A NORMALIDADE DOS RECURSOS HÍDRICOS - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 11 de febrero de 2018

A OFICINA TÉCNICA DA SECA DECIDE MANTER A PREALERTA NA TOTALIDADE DA CONCA GALICIA- COSTA ATA ACADAR A NORMALIDADE DOS RECURSOS HÍDRICOS






§  Os sistemas cuxos ríos desembocan na costa comprendida entre O Grove ata Cee e dos ríos Mero e Mandeo (sistemas do 4 ao 8 e 11 e 12) pasan a situación de prealerta, debido á mellora rexistrada nos indicadores durante o mes de xaneiro
§  O director de Augas de Galicia sinala que os encoros acadaron cotas de ocupación máxima e sitúanse na media dos últimos cinco e dez anos
§  Roberto Martínez avanza que no mes de febreiro se esperan máis borrascas, polo que en marzo se volverá a analizar a situación
§  O director de Augas salienta que se ten avanzado cara a situación de normalidade, pero aínda non se saíu da situación de seca, polo que é imprescindible facer un uso responsable en todos os ámbitos

A Oficina Técnica da Seca propuxo esta mañá manter a situación de prealerta por seca para a totalidade da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, é dicir, mantense a prealerta para os doce sistemas que xa estaban en prealerta desde xaneiro e os sete que estaban en situación de alerta pasan agora a prealerta.

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, avanzou en rolda de prensa a principal conclusión á que se chegou esta mañá na reunión da Oficina Técnica da Seca, na que se analizou a situación dos recursos hídricos da Demarcación Galicia- Costa. Indicaron que, meteoroloxicamente, xaneiro foi un mes moi invernal e normal no referente a chuvias rexistradas, o que significa cantidades de chuvia moi significativas, xa que historicamente, xunto con decembro, é un dos meses máis chuvioso do ano.

Os técnicos concluíron que, con carácter xeral, os encoros teñen acadado niveis normais e estables para esta época do ano, superando en 13 puntos o nivel que se rexistraba en 2016. Esta situación explícase en boa medida a que a situación meteorolóxica dos últimos meses permitiu a total recuperación dos encoros de abastecemento e unha importante melloría nos dedicados a outros usos, como o hidroeléctrico. Na actualidade están ao 69,45 %, un 0,51 % superior á ocupación da semana pasada.

O director de Augas de Galicia explicou que no referente aos caudais dos ríos apreciase unha melloría xeneralizada nos seus niveis base, gracias á continuidade das chuvias, pero polo momento non se ten acadado na maior parte da demarcación Galicia-Costa os niveis de normalidade.

A mellor situación preséntase nos ríos do norte de Lugo e nas cuncas do Umia, Leréz e Verdugo-Oitaven, onde se rexistraron caudais medios semellantes a outros anos nesta época. Pola contra, a recuperación, aínda que positiva -aclarou o director-, esta sendo máis lenta na zona central da Demarcación (parte alta da cunca do Ulla, Tambre) e na conca do Mendo.

Roberto Martínez avanzou que, polas previsións que traslada Meteogalcia, no mes de febreiro espéranse máis borrascas, polo que en marzo se volverá a analizar a situación. Indicou que tamén é recomendable esperar á concreción das predicións de marzo e abril, para saber como serán as condicións de cara ao verán.

Non obstante, recomendou unha vez máis facer un uso responsable dos recursos hídricos; pois se ben é certo que se ten avanzado, aínda non se saíu da situación por seca, polo tanto é necesario e recomendable facer un uso responsable da auga desde todos os ámbitos.

Sistemas que se manteñen en prealerta
Os sistemas que se manteñen en situación de prealerta son: os sistemas 1 e 2, concas do Verdugo e Oitavén e de todos os ríos máis pequenos que desembocan na Ría de Vigo e na costa dos concellos de Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda; sistema 3, conca do río Lérez e de todos os ríos máis pequenos que desembocan na ría de Pontevedra; sistema 9, conca do río Grande e de todos os ríos máis pequenos que desembocan na ría de Camariñas e a costa de Laxe; sistema 10, conca do río Anllóns e dos ríos máis pequenos que desembocan na costa dos concellos de Ponteceso, Malpica e Carballo; sistema 13, conca do río Eume e de todos os ríos máis pequenos que desembocan na ría de Ares (costa de Ares, Cabanas, Pontedeume e Miño); sistema 14, conca do río Forcadas e de todos os ríos máis pequenos que desembocan na ría de Ferrol e as costas norte de Ferrol Narón e Valdoviño; sistema 15, conca do río Mera e de todos os ríos máis pequenos que desembocan nas rías de Ortigueira e Cerdeira; sistemas 16, 17, 18 e 19, os ríos da Mariña lucense que desembocan no mar Cantábrico.

Sistemas que mudan a prelaerta
Os sistemas que estaban en situación de prealerta e que agora pasan a prealerta por seca, son os que se corresponden coa zona central (sistemas do 4 ao 8, ambos incluídos), onde os principais ríos que se atopan son o Tambre, Ulla, Umia, Xallas e Castro e en xeral as concas de todos os ríos que desembocan na costa comprendida desde O Grove ata Cee e os sistemas 11 e 12, no que se atopan as concas dos ríos Mero e Mandeo e as dos ríos máis pequenos que desembocan na Ría da Coruña, ría de Betanzos e na costa de Arteixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario